Info

LeChanelas é unha marca de moda que foi creada no ano 1999 por chanelita. A súa filosofía parte da colaboración entre diferentes disciplinas como diseño de moda,ilustración,grafiti, pintura, fotografía, etc. Entre o seu equipo Le Chanelas conta con diferentes colaboradores que lle dan as súas pezas ese toque personal e instranferible. As coleccións son series limitadas nas que non atoparás máis de dez pezas iguais no mundo. A elaboración das prendas é completamente artesanal dende o cosido ata a serigrafía, tendo case tódalas prendas o seu aquel único. Gústanos inpirarnos do que nos rodea, do que nos acontece día a día onde vivimos ademáis dos trexemanexes do mundo.

Ten a súa sede local en:

Rúa San Roque 58 baixo A Doblada, Vigo

Actualmente non temos tenda, pero podedes localizarnos no noso estudio no caso de que queirades ver a roupa de primeira man.

O equipo de LeChanelas esta formado por Chanelita (Silvia Sanchez) e conta coas colaboracions de:

Antía Sánchez: ilustracións e traballos serigráficos(http://antia.alg-a.org/)
Pelucas: Ilustracións (http://ladrillopitillo.blogspot.com/)
María Viñas: Ilustracións (http://www.mariavinhas.com/)
Miriam Rapado: Fotografa (http://www.miriamrapado.es/)
Lisi Gonzalez: Fotografa (http://miradasubjetivas.blogspot.com/)
Pablo Sánchez: Creativo (http://www.pablosaco.com/)
Berio Molina: Deseño web (http://www.berio.alg-a.org/)
Marco Durán: Fotógrafo (http://www.flickr.com/photos/293402...)
Francesca Guarnieri: Diseñadora de joyas (http://superomismo.blogspot.com/) _Esther Quintas: Maquilladora (sstherquin@yahoo.es)